Saltar ao contido

Antonio de Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio de Torres

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Antonio de Torres Jurado Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1817 Editar o valor en Wikidata
La Cañada de San Urbano, España (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de novembro de 1892 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Almería, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfabricante de instrumentos musicais, músico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1852 Editar o valor en Wikidata -

Descrito pola fonteBiographical Dictionary of Almería (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1139150
Antonio de Torres
Guitarra Torres no Museo da Música de Bacelona

Antonio de Torres, nado en La Cañada de San Urbano (Almería) o 13 de xuño de 1817 e finado en Almería o 19 de novembro de 1892, foi un construtor de guitarras ao que se lle atribúe ser o principal responsable da transformación deste instrumento tal como o coñecemos hoxe en día.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado na provincia de Almería desenvolveu o seu labor en Sevilla (entre 1852 e 1869) e Almería (de 1875 ata a súa morte en 1892). Os seus deseños baseábanse na teoría de que a tapa harmónica é a clave do son da guitarra.

O reforzo en abano para a parte inferior da tapa, o característico ensanchamento da curva inferior da caixa, o desprazamento da ponte, e o emprego de madeiras delgadas contribuíron á creación de guitarras resistentes pero lixeiras, cun son claro e flexible e un deseño elegante e sinxelo.

O máis famoso dos guitarristas que usaron instrumentos de Torres foi Francisco Tárrega, que foi un dos primeiros músicos empeñados en demostrar que a guitarra era un instrumento "serio".

Calcúlase que construíu unhas 320 guitarras durante os seus dous períodos de actividade, das cales localizáronse unhas 70.